Que son os Grupos de desenvolvemento rural?

Os GDR son asociacións público-privadas, sen ánimo de lucro, constituídas polas entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional da zona que desexan implicarse no desenvolvemento do territorio . Estas entidades deben cumprir o principio de "portas abertas" polo que calquera organización que acredite a súa actividade no territorio podería participar nos GDR.

En Galicia no período 2014-2020 constituíronse 24 Grupos de Desenvolvemento Rural

 Descarga Mapa GDR de Galicia

Xestión do LEADER

O LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) é unha medida do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia. A súa metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

O GDR elaborou a ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVA (EDLP) do territorio Pontevedra - Morrazo tras un proceso de reflexión colectiva con ampla participación social. O seu principal obxectivo é contribuír ao desenvolvemento sustentable da súa zona de actuación.

Ningún evento vindeiro!