Como funcionan os GDR

O Grupo de Desenvolvemento Rural é a entidade que elabora, deseña e executa a estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) da zona. Nela defínense as principais necesidades, ameazas, e fortalezas e oportunidades do seu territorio dende o punto de vista produtivo, económico, dotacional, social etc. Ademais defínense liñas de actuación e obxectivos para o período de programación.
A estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) 2014-2020 do GDR Pontevedra Morrazo foi presentada á convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a xestión da medida LEADER 2014-2020 do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Dotación financeira do LEADER

A asignación inicial de fondos (Acordo do Consello de Dirección de Agader do 16 de novembro de 2016) para a aplicación da EDLP a través do LEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020 no GDR Pontevedra-Morrazo foi de:

 

DENOMINACIÓN

REPARTO (EUROS)

GDR 15

Asociación de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo

3.137.373,21 €

 

As subvencións

Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación do Grupo de Desenvolvemento Rural poderá solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento da medida LEADER. En función do proxecto poderá haber restricións adicionais que se recollen na normativa de aplicación (ex.: para os proxectos de natureza económica exclúense as grandes empresas).
A aplicación do Baremo e normas de xestión do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. En todo caso, os proxectos de natureza produtiva – aqueles que se destinan a producir bens ou prestar servizos orientados ao mercado – non poderán superar o 45% de axuda pública. E os proxectos de natureza non produtiva – os que se destinan á prestación de servizos públicos, a dotacións ou a mellorar a calidade de vida no rural – poderán chegar a acadar o 90% do financiamento.

Funcións do GDR

As funcións xenéricas do GDR son as seguintes:

• Mobilización, animación e dinamización: o obxectivo é acadar unha efectiva participación da poboación no propio GDR e na dinamización do seu programa de axudas, fomentando que xurdan novas iniciativas, no inicio do programa e no desenvolvemento do mesmo.
• Promoción e captación das iniciativas, a través das diferentes convocatorias para a solicitude de axudas do programa, prestando apoio para a maduración de ideas de proxectos e apoio ás persoas e entidades promotoras.
• Establecer un procedemento pautado de selección das operacións financiables do programa, que sexa transparente e non discriminatorio, e que garanta a ausencia de conflito de intereses.
• Acompañamento dos promotores na evolución posterior dos proxectos, de forma que siga en contacto máis alá da tramitación das axudas.
• Coñecer e divulgar as convocatorias de axuda pública das distintas administracións, especialmente as convocadas pola Consellería do Medio Rural.
• Deberá orientar aos promotores cara aquelas convocatorias que mellor se adapten ás necesidades do proxecto, evitando ao mesmo tempo recorrer aos fondos asignados ao GDR cando sexa necesario.
• Garantirá o principio de obxectividade mediante a aplicación dos criterios técnicos definidos na baremación dos proxectos e que permitan medir os proxectos.
• Garantir o principio de publicidade establecendo un plan de difusión e comunicación a través do cal se invita a participar a todos os interesados na Estratexia de desenvolvemento local participativo
• Garantirase o principio de imparcialidade dado que o proceso de selección é aberto e estará orientado a dar as mesmas oportunidades e tratamentos a tódolos interesados.
• Quen queira adherirse ao GDR e cumpra co fixado nos estatutos sociais poderán facelo, garantindo o principio de portas abertas, tanto para entrar como para saír do GDR.
• Garantirase o principio de libre concorrencia e farase convocatoria de proxectos de forma pública e transparente e os proxectos serán seleccionados por concorrencia competitiva.
• Participar na Asociación de GDRs de Galicia.

Ningún evento vindeiro!