Como Participar?

Como participar coma Socio do GDR Pontevedra - Morrazo

Para que unha entidade teña a condición de asociado deberá figurar na lista de fundadores ou ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fins estatutarios. Debe xuntar, ademais, un acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado e a persoa, titular e suplente, que a representará na asociación.

Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, que pode descargar na parte inferior, xunto coa seguinte documentación:

  • Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
  • Acordo do órgano competente nomeando as persoas representantes da asociación: Titular e Suplente.
  • Copia dos Estatutos
  • Copia da Acta de Constitución e  acreditación rexistro de asociacións
  • Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. dos representantes (Titular e Suplente)
  • Acreditación dun ano de actividade no territorio

Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial

Cando unha entidade solicite a entrada no GDR deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.

O presidente trasladará a solicitude á xunta directiva, que deberá resolver, adscribindo á solicitante a unha das mesas sectoriais, segundo o seu interese preferente. Contra o acordo denegatorio da admisión o solicitante poderá recorrer ante a primeira asemblea xeral que teña lugar, debendo figurar este asunto expresamente na orde do día correspondente.

Documentos asociados:

Descarga PDF Modelo de adhesión como socio do GDR (60 Kb)

Descarga WORD Impreso de delegación de voto en Asamblea Xeral (95 Kb)

Descarga PDF Estatutos GDR Pontevedra Morrazo (2834 Kb)

Ningún evento vindeiro!