GDR-15 / Grupo Desenvolvemento Rural PONTEVEDRA-MORRAZO

GDR Pontevedra - Morrazo

Pulsa aqui para disminuir o tamaño do texto separador Pulsa aqui para restaurar o tamaño do texto separador Pulsa aqui para aumentar o tamaño do texto
separador
separador
  • Galego(Galician Formal International)
  • Español(Spanish Formal International)
Vostede está en: Inicio

Menú Principal

Datos Contacto

Oficina Técnica do GDR
Santa Clara 4-2º
36002 Pontevedra
Tel. 986 10 81 44 / 695 333 087

xerencia@gdrpontevedramorrazo.eu

Icono de una flecha   Ver datos completos

 


Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra - Morrazo / GDR 15
Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo
PDF
Imprimir
Correo-e

        

        

     

 

        

 

       

    

                  

O grupo de desenvolvemento rural de Pontevedra O Morrazo está promovendo o programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo", no marco do proceso de dinamización da IXP Ribeiras do Morrazo, que se sustenta nunha metodoloxía de formación-acción. O programa formativo, de carácter práctico, pretende impulsar a participación activa e o dinamismo dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada IXP.

Para isto, preséntase unha proposta de traballo de conxuga accións formativas diversas: cursos de formación, obradoiros formativos e visitas no territorio.

Os principais obxectivos que persegue esta proposta son:

  1. Reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo o desenvolvemento desta figura de protección da calidade.     
  2. Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento e emprego ligadas ao mundo da viña e do viño na zona xeográfica.
  3. Capacitar a diferentes axentes vinculados á produción, transformación e comercialización, en diferentes técnicas orientadas á mellora da calidades dos viños nesta zona.
  4. Reforzar e cohesionar ao sector da viticultura, botando man de accións formativas innovadoras que fomenten o coñecemento práctico e da realidade social da súa contorna.

      Programa formativo

A.    A planificación estratéxica para a consolidación da IXP Ribeiras do Morrazo

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

14/07/17

16:00

Curso de formación CA1. Situación actual e contextualización do mundo do viño.

Casa da Cultura de Riomaior Vilaboa

15/07/17

10:00

Curso de formación CA2. Situación actual e contextualización do mundo do viño.

Pazo da Cultura Pontevedra

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

21/07/17

16:00

Obradoiro de formación OA1: Dinámicas para o traballo en rede. Diagnose da realidade social da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo.

Casa da Cultura de Riomaior Vilaboa

28/07/17

16:00

Obradoiro de formación OA2: Dinámicas para o traballo en rede. Retos e prioridades da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo.

29/07/17

10:00

Obradoiro de formación OA3: Definimos a folla de ruta.

B.     A dimensión social e organizativa da IXP Ribeiras do Morrazo

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

08/09/17

17:00

Curso de formación CB1. Marco de aplicación da IXP Ribeiras do Morrazo

Pazo da Cultura de Pontevedra

15/09/17

17:00

Curso de formación CB2. Aplicación práctica dun modelo de IXP.

22/09/17

17:00

Curso de formación CB3. Dinámicas asociativas para o desenvolvemento rural

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

06/10/17

17:00

Obradoiro de formación OB1. Definimos as nosas prioridades como grupo

Pazo da Cultura de Pontevedra

29/09/17

17:00

Obradoiro de formación OB2. Aprendemos doutras experiencias.

 C. Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura.

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

04/08/17

10:00

Curso de formación CC1. Coñecemento de castes e variedades autóctonas.

Biblioteca Municipal de Beluso Bueu

11/08/17

10:00

Curso de formación CC2. Fertilización e manexo do solo

01/09/17

10:00

Curso de formación CC3. Poda e sistemas de formación

Salón de Plenos Concello de Cangas

02/09/17

10:00

Curso de formación CC4. Defensa vexetal, control de doenzas e pragas.

 

 

 
CONVOCATORIA DE AXUDAS LEADER 2014-2020
PDF
Imprimir
Correo-e


 

Descarga folleto axudas Leader 2014-2020 GDR Pontevedra Morrazo

Beneficiarios:

  • As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  • As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Tipoloxías xerais de proxectos subvencionables:

Produtivos

Actividades económicas/empresariais con fin lucrativo tendentes á produción de bens ou servizos, que supoñan a creación ou mantemento do nivel de emprego.  Subvencionables ata o 45% (axuda pública máxima de 200.000 euros).

  • Investimentos no sector da produción agraria primaria
  • Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos agrarios
  • Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos forestais
  • Investimentos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias
  • Investimentos de creación, modernización e/ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agraria

Non produtivos

Iniciativas dirixidas a cubrir necesidades da poboación rural, e que respondan a un interese público ou colectivo conforme ós obxectivos da EDLP do GDR. Subvencionables ata o 90% dependendo da prioridade do tipo de proxecto (axuda pública máxima de 200.000 euros)

Data final de admisión de solicitudes para a primeira proposta anual de selección de proxectos: 31 de marzo de cada ano


TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES

As persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades deberán presentar as solicitudes  por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR. 

ENLACE PARA DESCARGA DE FORMULARIOS E/OU TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

 Obsevacións:

  1. Anexo III e o Anexo IV:  non están dispoñibles para a súa presentación por sede; polo que se deberá cubrir, imprimir e xuntar escaneado como documento asociado no momento da presentación.
  2. Anexo VI A: no caso de que os campos que figuran no modelo non sexan suficientes, se deberán cubrir tantos anexos como foran necesarios, imprimilos e xuntalos escaneados como documentos asociados no momento da presentación.
  3. Calquera solicitude (sexa por sede electrónica  ou presencial) que non conte como mínimo co anexo II (solicitude de axuda), anexo III ou anexo IV (resumo do proxecto e plan de empresa ou de xestión) e o anexo V (orzamento) dará lugar a un informe (ICE) desfavorable segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras.
  4. Os promotores obrigados á presentación electrónica deberán achegar toda a documentación complementaria por sede electrónica, indicando código, órgano responsable do procedemento, número rexistro de entrada da solicitude e número de expediente se dispón del segundo o artigo 9.3 das bases reguladoras.
  5. No caso de erros na presentación electrónica, as persoas solicitantes deberán poñerse en contacto a través do 012 co grupo de soporte para notificar e tentar solucionar a incidencia.
  6. O prazo máximo previsto no Réxime de Axudas (artigo 12.1) para emenda e/ou achega de documentación complementaria por parte do promotor é de 10 días hábiles 

 NORMATIVA

 
Novo LEADER 2014-2020
PDF
Imprimir
Correo-e

Descrición da imaxeO programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional).

No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader.

O Leader Galicia 2014-2020 contará cun orzamento global de 84 millóns de euros para pequenos investimentos dirixidos á diversificación das actividades non agrícolas,  ao reforzo dos servizos básicos e ás infraestruturas colectivas de pequena escala, á mellora das condicións de vida da poboación rural , e para á creación de emprego e de novas oportunidades empresariais.

Novo mapa LEADER Galicia 2014-2020

Estatutos sociais modificados GDR Pontevedra Morrazo.2016

Bases para a selección e contratación do equipo xestor do GDR Pontevedra Morrazo

Convocatoria PROBA ESCRITA para Técnico/a e Administrativo/a

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 12

Calendario de Eventos

Setembro 2017
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

Últimos Eventos

Non hai eventos programados nas próximas datas.
Os eventos publicados son recompilados das páxinas web dos concellos do GDR e da web de www.paxinasgalegas.es/fiestas polo que o GDR Pontevedra Morrazo non se fai responsable desta información.
TERRITORIO
Accede ao territorio do GDR.
VER TERRITORIO
COMO PARTICIPAR?
Como ser Socio do GDR.
VER COMO PARTICIPAR
CAIXA de SUXESTIÓNS
Déixanos as túas suxestións.
VER CAIXA de SUXESTIÓNS
Logotipo do FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural
Logotipo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino
Logotipo da Conselleria do Medio Rural
AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Logotipo do Programa LEADER