GDR-15 / Grupo Desenvolvemento Rural PONTEVEDRA-MORRAZO

Grupo de Desarrollo Rural Pontevedra - Morrazo / GDR 19

Pulsa aqui para disminuir o tamaño do texto separador Pulsa aqui para restaurar o tamaño do texto separador Pulsa aqui para aumentar o tamaño do texto
separador
separador
  • Galego(Galician Formal International)
  • Español(Spanish Formal International)
Usted está en: Inicio

Menú Principal

Datos Contacto

Oficina Técnica del GDR
Santa Clara 4-2º
36002 Pontevedra
Tel. 986 10 81 44 / 655 162 624
Fax 986 10 80 09
gdr19@gdrpontevedramorrazo.eu

Icono de una flecha   Ver datos completos

 


Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra - Morrazo / GDR 15
Visita oficial ao centro de día Saraiva de Poio (Combarro) subvencionado polo GDR Pontevedra-Morrazo
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 

O mércores  22 de xaneiro de 2014, visitamos o proxecto Leader recentemente inaugurado, de creación dun novo centro de asistencia diúrna e atención integral terapéutica na parroquia de Combarro en Poio.

O centro dispón  de 40 prazas para maiores nunha superficie útil de 302.76m2. Conta coa cobertura dun amplo abano de servizos: área de intervención psicoterapéutica (terapias funcionais, cognitivas, psicoafectivas, actividades socializadoras), área de fisioterapia, servizos complementarios (transporte, xestión farmacéutica, saídas acompañadas) e servizos innovadores (unidade de memoria, catering xerontolóxico, metodoloxía de atención centrada na persoa, novas tecnoloxías, aplicación de terapias alternativas etc).

Ao acto asistiron entre outros,  o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, D. José Manuel Cores Tourís, a Xefa Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Dona María Peón, O Alcalde do Concello de Poio, D. Luciano Sobral, e O Presidente do GDR Pontevedra – Morrazo, D. Miguel Anxo Fernández Lores.

Orzamento Aceptado 159.969,52
Porcentaxe de Axuda 39,00%
Importe da axuda 62.388,11
Emprego creado e consolidado 23,75 (UTAS)
 
Novas anualidades 2014-2015 programa Leader
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 
facemos-medrar-as-tuas-ideas.jpg

O día 27 de decembro saíu publicado no DOG por parte de AGADER a "Resolución do 20 de decembro de 2013, do director xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con FEADER, e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión do Programa LEADER 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de AGADER do 30 de maio de 2008".

Polo tanto, unha vez aprobado o novo escenario financeiro para as anualidades 2013-2015, cada GDR procederá en función dos créditos dispoñibles á  apertura dunha NOVA CONVOCATORIA para NOVOS PROXECTOS.

O prazo de admisión de solicitudes en ningún caso excederá o 31 DE MARZO DE 2015.

Para calquera información ou consulta non dubides en chamarnos. Agardámoste en Rúa Santa Clara 4-2º Pontevedra

Descarga DOG Resolución do 20 de decembro de 2013

 
Xornada sobre Viticultura Atlántica
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 

No territorio do GDR Pontevedra-Morrazo, atopamos zonas de longa tradición e cultura vitivinícola, que teñen aptitudes  ecoclimáticas axeitadas para un cultivo de calidade da vide, e que por diversas circunstancias, non foron incluídas nas sucesivas  Denominacións de Orixe  e Indicacións Xeográficas Protexidas creadas dende os anos 30 do século pasado.

Neste contexto , O GDR Pontevedra-Morrazo pretende,  con estas xornadas, apoiar dinámicas de desenvolvemento do tecido vitivinícola do territorio que incrementen o valor das producións e que contribúan a impulsar iniciativas empresariais e de cooperación que aproveiten o potencial dos viños da zona.

INSCRICIÓN DE BALDE:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Páxina 4 de 12

Calendario de Eventos

Xullo 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Últimos Eventos

Os eventos publicados son recompilados das páxinas web dos concellos do GDR e da web de www.paxinasgalegas.es/fiestas polo que o GDR Pontevedra Morrazo non se fai responsable desta información.
TERRITORIO
Accede al territorio del GDR.
VER TERRITORIO
COMO PARTICIPAR?
Como ser Socio del GDR.
VER COMO PARTICIPAR
CAJA DE SUGERENCIAS
Déjanos tus sugerencias.
VER CAJA DE SUGERENCIAS
Logotipo del FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural
Logotipo del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino
Logotipo de la Conselleria do Medio Rural
AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Logotipo del Programa LEADER