GDR-15 / Grupo Desenvolvemento Rural PONTEVEDRA-MORRAZO

Grupo de Desarrollo Rural Pontevedra - Morrazo / GDR 19

Pulsa aqui para disminuir o tamaño do texto separador Pulsa aqui para restaurar o tamaño do texto separador Pulsa aqui para aumentar o tamaño do texto
separador
separador
  • Galego(Galician Formal International)
  • Español(Spanish Formal International)
Usted está en: Inicio

Menú Principal

Datos Contacto

Oficina Técnica del GDR
Santa Clara 4-2º
36002 Pontevedra
Tel. 986 10 81 44 / 655 162 624
Fax 986 10 80 09
gdr19@gdrpontevedramorrazo.eu

Icono de una flecha   Ver datos completos

 


Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra - Morrazo / GDR 15
APERTURA DA CONVOCATORIA DE AXUDAS LEADER 2014-2020: ANUALIDADE 2017-2018
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 

 Beneficiarios:

  • As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  • As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Tipoloxías xerais de proxectos subvencionables:

  • Investimentos no sector da produción agraria primaria
  • Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos agrarios
  • Investimentos en transformación e/ou comercialización de produtos forestais
  • Investimentos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias
  • Investimentos de creación, modernización e/ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agraria
  • Investimentos en proxectos non produtivos

Data final de admisión de solicitudes para a primeira proposta anual de selección de proxectos: 31 de marzo de 2017

As persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades deberán presentar as solicitudes  por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR. 

ENLACE PARA DESCARGA DE FORMULARIOS E/OU TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

Formularios a cumprimentar na fase de solicitude (Procedemento MR701D)

Anexo II: solicitude de axuda
Anexo III: resumo do proxecto e plan de empresa. (para proxectos produtivos).
Anexo IV: resumo do proxecto e plan de xestión. (para proxectos non produtivos).
Anexo V: orzamento.
Anexo VI A: relación de ofertas solicitadas e elixidas.
Anexo VI B: declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas.

  Obsevacións:

  1. Anexo III e o Anexo IV:  non están dispoñibles para a súa presentación por sede; polo que se deberá cubrir, imprimir e xuntar escaneado como documento asociado no momento da presentación.
  2. Anexo VI A: no caso de que os campos que figuran no modelo non sexan suficientes, se deberán cubrir tantos anexos como foran necesarios, imprimilos e xuntalos escaneados como documentos asociados no momento da presentación.
  3. Calquera solicitude (sexa por sede electrónica  ou presencial) que non conte como mínimo co anexo II (solicitude de axuda), anexo III ou anexo IV (resumo do proxecto e plan de empresa ou de xestión) e o anexo V (orzamento) dará lugar a un informe (ICE) desfavorable segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras.
  4. Os promotores obrigados á presentación electrónica deberán achegar toda a documentación complementaria por sede electrónica, indicando código, órgano responsable do procedemento, número rexistro de entrada da solicitude e número de expediente se dispón del segundo o artigo 9.3 das bases reguladoras.
  5. No caso de erros na presentación electrónica, as persoas solicitantes deberán poñerse en contacto a través do 012 co grupo de soporte para notificar e tentar solucionar a incidencia.
  6. O prazo máximo previsto no Réxime de Axudas (artigo 12.1) para emenda e/ou achega de documentación complementaria por parte do promotor é de 10 días hábiles 

BAREMO E NORMAS DE XESTIÓN MEDIDA LEADER 2014-2020 DO GDR PONTEVEDRA-MORRAZO.

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e Agader no marco do PDR 2014-2020

Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, SUBVENCIÓNS para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as ANUALIDADES 2017 E 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as BASES REGULADORAS DAS AXUDAS QUE SE TRAMITEN AO ABEIRO DA MEDIDA LEADER (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO 2014-2020 DO GDR PONTEVEDRA-MORRAZO.

 
Novo LEADER 2014-2020
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 

Descrición da imaxeO programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional).

No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader.

O Leader Galicia 2014-2020 contará cun orzamento global de 84 millóns de euros para pequenos investimentos dirixidos á diversificación das actividades non agrícolas,  ao reforzo dos servizos básicos e ás infraestruturas colectivas de pequena escala, á mellora das condicións de vida da poboación rural , e para á creación de emprego e de novas oportunidades empresariais.

Novo mapa LEADER Galicia 2014-2020

Estatutos sociais modificados GDR Pontevedra Morrazo.2016

Bases para a selección e contratación do equipo xestor do GDR Pontevedra Morrazo

Convocatoria PROBA ESCRITA para Técnico/a e Administrativo/a

 
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020: Ti es o Protagonista
PDF
(Enlace Ventana Nova) Imprime esta información.
(Enlace Ventana Nova) Envía esta información por correo-e a un amigo/a.
 

Descrición da imaxe

Dende a publicación no mes de marzo das Bases Reguladoras do novo LEADER, o GDR Pontevedra-Morrazo puxo en marcha os traballos de elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo coa finalidade de deseñar un plan de acción para os próximos cinco anos que servirá de folla de ruta para promover a ocupación sustentable do territorio, a creación e mantemento do emprego, a diversificación económica e a mellora da calidade de vida do noso entorno rural.

 Para a elaboración da estratexia contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais, cun dobre obxectivo: elaborar o documento da estratexia de desenvolvemento desta zona rural, e promover a participación activa de entidades e axentes na súa elaboración e futura implementación.

O proceso, que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño, arrancará cun Foro inicial no que se abordarán as principais problemáticas e retos do territorio, co obxectivo de afondar na análise diagnóstica do mesmo. Posteriormente realizaranse reunións das diferentes mesas sectoriais, para artellar a proposta estratéxica de actuación para elaborar a Estratexia Local. Para rematar, realizarase a principios de xuño, un Foro no que se presentará a estratexia e se validará a mesma por parte de todas as persoas que participaron na súa elaboración.

A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente ás entidades do ámbito agroforestal, de turismo, de medio ambiente , organizacións de empresarios e profesionais, institucións locais, e entidades xuvenís, culturais, de acción social etc. así como á cidadanía en xeral.  www.facebook.com/gdr15pontevedramorrazo/

 

Bases reguladoras para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Local, para a selección e recoñecemento dos Grupos de Desenvolvemento Rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Local (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. 

 

 

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 12

Calendario de Eventos

Setembro 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

Últimos Eventos

Os eventos publicados son recompilados das páxinas web dos concellos do GDR e da web de www.paxinasgalegas.es/fiestas polo que o GDR Pontevedra Morrazo non se fai responsable desta información.
TERRITORIO
Accede al territorio del GDR.
VER TERRITORIO
COMO PARTICIPAR?
Como ser Socio del GDR.
VER COMO PARTICIPAR
CAJA DE SUGERENCIAS
Déjanos tus sugerencias.
VER CAJA DE SUGERENCIAS
Logotipo del FEADER: Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural
Logotipo del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino
Logotipo de la Conselleria do Medio Rural
AGADER: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Logotipo del Programa LEADER